Skip to Content

Inicio › Odoo Apps › Fabricación

Odoo Fabricación

MRP, PLM, taller e mantemento na mesma plataforma.

Odoo MRP: software de fabricación para pemes industriais, sen follas de cálculo

Odoo Fabricación (MRP) organiza toda a produción da túa planta nun só sistema: listas de materiais, ordes de fabricación, ordes de traballo, centros de traballo, planificación e custos reais. Cada operación queda rexistrada e conectada co almacén, as compras e a contabilidade, sen duplicar datos entre programas.

É a aplicación na que Anubía está especializada: somos Odoo Silver Partner desde 2012, levamos máis de 150 implantacións de Odoo, moitas delas en empresas industriais (por exemplo, do sector auxiliar do automóbil), e no equipo hai enxeñeiros industriais que falan o idioma da planta.

Solicita unha demo de Odoo Fabricación

Planificación Fabricación Odoo

Que podes xestionar con Odoo Fabricación

Todo o que necesita unha fábrica para planificar, producir e controlar, integrado co resto de Odoo.

Listas de materiais (BoM)

Escandallos con varios niveis, variantes, kits e operacións, co custo calculado a partir de compoñentes e tempos.

Ordes de fabricación e de traballo

Lanza ordes desde vendas ou desde o planificador, reparte o traballo por operacións e rexistra a produción paso a paso.

Planificación e capacidade

Reabastecemento automático, calendario de ordes e capacidade por centro de traballo. A vista Gantt para reprogramar arrastrando é de Odoo Enterprise.

Trazabilidade por lotes e series

Sabe que compoñente foi a cada produto terminado e xera o informe de trazabilidade nun clic.

Subcontratación

Envía compoñentes a un provedor que fabrica por ti e recibe o produto terminado co seu custo.

Calidade, PLM e mantemento

Puntos de control na liña, cambios de enxeñaría sobre as listas de materiais e mantemento da maquinaria conectado coa produción (funcións de Odoo Enterprise).

PLM Odoo

Programa de fabricación e ordes de traballo: da oficina ao taller

O planificador de Odoo calcula que fabricar e cando a partir dos pedidos de venda, o stock dispoñible e as regras de reabastecemento. As ordes de traballo repártense por centro de traballo e podes velas en calendario; con Odoo Enterprise, ademais, nunha vista Gantt que se reprograma arrastrando.

No taller, os operarios inician e paran operacións, rexistran cantidades, declaran refugallos e consumen lotes desde a propia orde de traballo. Con Odoo Enterprise fano na pantalla de taller (Shop Floor), pensada para tabletas táctiles, e coa app de código de barras.

Que cobre o MRP de Odoo: da lista de materiais ao custo real

Isto é o que inclúe Odoo Fabricación na versión 18:

  • Listas de materiais de tres tipos. Para fabricar (consome compoñentes e xera stock do produto), kit (descomponse nos seus compoñentes ao vender ou entregar, sen orde de fabricación) e subcontratación (un provedor fabrica cos teus compoñentes). Con varios niveis, variantes e subprodutos.

  • Operacións e centros de traballo. Cada operación ten o seu centro de traballo, tempo estándar e instrucións; o centro de traballo, horario, capacidade, custo por hora e indicador OEE (tempo produtivo fronte a bloqueado).

  • Ordes de fabricación e de traballo. A orde de fabricación reserva compoñentes e recolle o producido; as ordes de traballo dividen o proceso por operación e rexistran os tempos reais.

  • Planificación. As regras de reabastecemento e a ruta «Fabricar», tamén baixo pedido, xeran ordes segundo vendas e stock. O plan mestre de produción (MPS), para planificar con previsións por semanas ou meses, é de Odoo Enterprise.

  • Subcontratación. Envío de compoñentes ao subcontratista e recepción do produto terminado co custo do servizo incluído.

  • Trazabilidade. Lotes e números de serie da materia prima ao cliente, con refugallos e desmontaxes rexistrados.

  • Custos de produción. Informe de estrutura e custo da lista de materiais e resumo de cada orde co custo previsto fronte ao real. Con valoración de inventario automatizada, cada orde xera os seus apuntamentos contables en Contabilidade.

Como encaixa a fabricación con Inventario, Compras, Calidade e Mantemento

Inventario e Compras

Os compoñentes saen do almacén nun, dous ou tres pasos (preparar compoñentes, fabricar e almacenar o produto terminado). O que falta convértese en solicitudes de compra en Odoo Compras mediante regras de reabastecemento ou a ruta baixo pedido.

Calidade

Os puntos de control na recepción, nunha operación concreta ou ao rematar a orde son de Odoo Calidade, que é de Enterprise. Sen ela só podes deixar instrucións en cada operación.

Mantemento

Odoo Mantemento xestiona equipos, preventivo e correctivo. Para que unha avaría bloquee o centro de traballo e se reflicta na planificación da produción cómpre a integración Fabricación-Mantemento, de Enterprise.

Odoo Community ou Enterprise para fabricación

O que trae Community

Listas de materiais (fabricar, kit e subcontratación), operacións, centros de traballo con OEE, ordes de fabricación e de traballo, reabastecemento automático, trazabilidade, refugallos, desmontaxes e informes de custo.

O que engade Enterprise

Planificación Gantt, plan mestre de produción (MPS), pantalla de taller para operarios, PLM con ordes de cambio de enxeñaría, Calidade con follas de traballo, integración con Mantemento e app de código de barras.

Como o decidimos contigo

Se fabricas contra pedido con poucas operacións e o rexistro faino a oficina técnica, Community pode abondar. Se o operario debe rexistrar en planta, precisas planificar capacidade ou controlar a calidade, Enterprise compensa. Consulta as licenzas na páxina oficial de Odoo.

Implantación de Odoo Fabricación con Anubía

Comezamos polos teus procesos, non polas pantallas: analizamos como fabricas hoxe, definimos listas de materiais e rutas realistas e configuramos o almacén para que a produción e inventario traballen xuntos. Despois formamos á oficina técnica e ao taller por separado, porque usan Odoo de forma distinta.

Se queres ver como o facemos, le o caso de Texas Controls, unha empresa de fabricación que substituíu o seu ERP a medida por Odoo, ou as guías do noso blog sobre tipos de listas de materiais, ordes de fabricación y fabricación en tres pasos.

Damos servizo en toda España, presencial en Galicia e en remoto no resto do país, con soporte continuo unha vez que a fábrica está en marcha.

O noso método para implantar fabricación, paso a paso

Sobre o método xeral de implantación de Odoo, en fabricación hai decisións que convén tomar pronto porque condicionan todo o demais:

  1. Mapa do proceso. Que fabricas contra stock e que baixo pedido, onde están os pescozos de botella e quen rexistra cada dato hoxe.

  2. Modelado das listas de materiais. Cantos niveis, que semielaborado ten stock propio e cal é un kit, variantes ou referencias distintas, unidades de medida e mermas. É a decisión que máis pesa no resultado.

  3. Datos mestres. Produtos, provedores e centros de traballo con custos e tempos realistas. Se vés doutro sistema, planificamos a migración de datos e depuramos antes de importar.

  4. Piloto cunha familia de produtos. Ordes reais, comparando consumos, tempos e custos co esperado, antes de estendelo ao resto.

  5. Formación e arranque. Formación separada para oficina técnica, planificación e taller, acompañamento no arranque e soporte despois.

Erros habituais ao implantar fabricación en Odoo

Copiar os escandallos sen revisalos

Pasar as listas de materiais do sistema anterior tal cal arrastra compoñentes obsoletos e mermas mal postas: o stock non cadra desde o primeiro día.

Tempos estándar inventados

Se os tempos das operacións non se parecen á realidade, o custo e a capacidade que calcula Odoo tampouco. Mellor poucos centros de traballo con tempos medidos.

Querer todo o detalle no arranque

Activar á vez ordes de traballo, lotes, calidade e fabricación en tres pasos satura o taller. Primeiro o fluxo básico estable, despois o detalle.

Caso real e guías de fabricación con Odoo

Texas Controls, unha empresa industrial de 100 usuarios, substituíu o seu ERP a medida por Odoo con Anubía implantando 19 áreas á vez. Se queres profundar no funcionamento do MRP, estas son as nosas guías prácticas:

Preguntas frecuentes sobre Odoo Fabricación

Odoo Fabricación serve para unha peme con poucas referencias?

Si. Pódese comezar con listas de materiais sinxelas e ordes de fabricación nun paso, e activar operacións, centros de traballo ou calidade máis adiante, sen cambiar de sistema.

Intégrase co almacén e coas compras?

É a mesma base de datos: ao confirmar unha orde de fabricación resérvanse os compoñentes dispoñibles, as regras de reabastecemento ou a ruta baixo pedido xeran as compras que falten e o produto terminado entra en stock co seu custo.

Preciso a versión Enterprise?

As listas de materiais, ordes de fabricación e de traballo, centros de traballo e subcontratación están en Community. A planificación Gantt, o plan mestre de produción (MPS), PLM, Calidade e a pantalla de taller son de Enterprise. Axudámoste a escoller segundo o teu proceso.

Odoo MRP e Odoo Fabricación son o mesmo?

Si. MRP (planificación de necesidades de materiais) é o nome técnico da aplicación de Fabricación de Odoo, e na práctica abrangue todo o ciclo: listas de materiais, ordes, planificación, custos e trazabilidade.

Que diferenza hai entre unha orde de fabricación e unha orde de traballo?

A orde de fabricación di que produto, canto e con que compoñentes. As ordes de traballo son as súas operacións (cortar, soldar, montar…) en cada centro de traballo, co seu tempo. Se non precisas controlar tempos por operación, podes traballar só con ordes de fabricación.

Canto custa implantar Odoo Fabricación?

Depende das referencias e niveis das túas listas de materiais, de se controlas operacións e tempos, dos teus datos de partida e da edición. As licenzas publícaas Odoo na súa páxina oficial de prezos; para a implantación, pídenos un orzamento co teu caso.

Fabricas e queres controlar a túa produción con Odoo?

Cóntanos que fabricas e como o fas hoxe. Preparámosche unha demo cos teus propios produtos.

Solicita unha demo