Skip to Content

Inicio › Odoo Apps › Follas de horas

Odoo Follas de Horas

Rexistro de horas por proxecto e tarefa, con custos e informes.

Rexistro de horas por proxecto e tarefa, con custos e informes

Odoo Follas de horas rexistra o tempo que cada persoa dedica a cada tarefa ou proxecto, desde o ordenador ou o móbil, con temporizador ou a man. As horas valóranse ao custo do empregado e compáranse co planificado.

É a base para facturar servizos por tempo, medir a rendibilidade dos proxectos e controlar a carga de traballo do equipo.

Solicita unha demo de Odoo Follas de horas

Odoo Folla de Horas

Funcións clave de Odoo Follas de horas

Horas fiables sen perseguir a ninguén a fin de mes.

Temporizador e app móbil

Inicia e para o contador desde a tarefa, ou rexistra as horas do día nunha soa pantalla.

Validación por responsables

Os responsables revisan e validan as follas semanais antes de facturar ou pechar.

Custo por empregado

Cada hora ten o seu custo, imputado ao proxecto e á contabilidade analítica.

Facturación por tempo

As horas validadas facturánselle ao cliente segundo o pedido de venda.

Planificado fronte a real

Desviacións por tarefa e proxecto, para corrixir a tempo.

Integración con RR. HH.

Ausencias e asistencias descontadas automaticamente das horas dispoñibles.

Odoo Asistencia

Asistencia, ausencias e horas nun mesmo sistema

Con Odoo Asistencias, os empregados fichan desde o móbil ou un quiosco e as horas de presenza compáranse coas imputadas a proxectos. As vacacións e baixas de Odoo Ausencias reflíctense na dispoñibilidade do equipo.

Os informes mostran as horas por empregado, proxecto e cliente, e cantas se facturaron.

Implantación de Odoo Follas de horas con Anubía

Definimos a estrutura de proxectos e tarefas, os custos por empregado e o circuíto de validación, e integrámolo con Proxectos y Facturación. En fábricas combinámolo con Fabricación para rexistrar tempos de produción.

Formamos os empregados no rexistro diario, que é o que fai que os datos sexan fiables.

Preguntas frecuentes sobre Odoo Follas de Horas

Os empregados poden rexistrar horas desde o móbil?

Si, coa app de Odoo ou desde o navegador do teléfono, mesmo sen conexión e sincronizando despois.

Pódense facturar só as horas validadas?

Si, a facturación por tempo toma unicamente as horas aprobadas polo responsable.

Cumpre co rexistro horario obrigatorio?

Odoo Asistencias rexistra entradas e saídas de cada empregado e conserva o histórico, que é o que esixe a normativa.

Queres saber en que se van as horas do teu equipo?

Ensinámosche Odoo Follas de horas cos teus proxectos.

Solicita unha demo