Orzamentos que se converten en pedidos e facturas sen volver teclear
Odoo Vendas cobre o proceso comercial desde o orzamento ata a entrega e a factura. Os orzamentos prepáranse en minutos con modelos, tarifas e produtos opcionais; o cliente asínaos e paga en liña, e o pedido confirmado reserva stock e programa o envío.
Ao estar integrado con CRM, Inventario, Fabricación e Contabilidade, o pedido de venda é o punto de partida de toda a operación, sen copiar datos entre programas.

Funcións clave de Odoo Vendas
Vende con documentos profesionais e controla a marxe de cada pedido.
Modelos de orzamento
Orzamentos con seccións, produtos opcionais, condicións e sinatura electrónica.
Tarifas e descontos
Listas de prezos por cliente, cantidade ou moeda, e regras de desconto automáticas.
Portal do cliente
O cliente acepta, asina e paga o orzamento en liña, e consulta os seus pedidos e facturas.
Entrega e facturación
Factura por pedido, por cantidade entregada ou por fitos, co albará xerado automaticamente.
Comisións e obxectivos
Obxectivos por comercial e equipo, con seguimento en tempo real.
Informes de vendas
Vendas por produto, cliente, comercial e marxe, en táboas dinámicas e gráficos.

Catálogo, variantes e prezos baixo control
Os produtos xestiónanse con variantes (talla, cor, acabado), unidades de medida e prezos por tarifa. O comercial engade liñas desde un catálogo con fotos e stock dispoñible, e Odoo aplica a tarifa do cliente sen erros.
Cada pedido mostra a súa marxe calculada co custo real do produto, para decidir descontos con datos.
Implantación de Odoo Vendas con Anubía
Migramos o teu catálogo, clientes e tarifas, adaptamos os modelos de orzamento á túa imaxe e conectamos vendas con CRM, Inventario y Facturación. Se fabricas contra pedido, o pedido de venda lanza a orde de fabricación.
Formamos o equipo comercial en sesións curtas e prácticas (formación Odoo) para que use Odoo desde o primeiro día.
Preguntas frecuentes sobre Odoo Vendas
Pode o cliente asinar o orzamento sen rexistrarse?
Si, recibe unha ligazón por correo electrónico e asina ou paga desde o portal, sen instalar nada.
Pódense facturar entregas parciais?
Si, a facturación pode ir por cantidades entregadas, por pedido completo ou por fitos.
Funciona Odoo Vendas cunha tenda en liña?
Si, os pedidos da tenda Odoo eCommerce entran no mesmo fluxo de vendas, stock e facturación.
Queres orzamentar máis rápido e facturar sen erros?
Preparámosche unha demo de Odoo Vendas co teu catálogo e as túas tarifas.