Inicio › Servizos › Implantación
Implantación de Odoo
Instalación, configuración e migración de datos sen frear o teu negocio.
Anubía, expertos en implantación de Odoo
En Anubía implantamos Odoo en pequenas e medianas empresas, instalando e configurando cada módulo segundo os teus procesos reais e migrando os datos do teu antigo sistema sen frear a túa actividade diaria.
Desde 2012 somos Partner oficial do ERP Odoo en Vigo (Pontevedra) e A Coruña en Galicia.
Contamos con máis dun cento de implantacións de ERP exitosas en Galicia, en empresas de diversos sectores, pero os proxectos que nos apaixonan e nos que somos expertos son os relacionados con Fabricación, Inventario, Almacén e Contabilidade.

Como implantadores de Odoo, cremos no trato próximo e no valor da comunicación aberta. Estamos aquí para escoitarte e responder as túas preguntas en cada etapa do proceso.
Demostramos o noso compromiso e coñecemento sobre Odoo ao longo de numerosas implantacións exitosas en Galicia.
Coñecemos a realidade PEME, sabemos que as pequenas e medianas empresas son o motor da economía en Galicia. Entendemos os teus desafíos e necesidades específicas. A nosa implantación está deseñada para adaptarse e facer crecer o teu negocio, sen importar o tamaño.
Unha implantación por fases, sen sorpresas
Planificamos cada implantación en fases claras: análise e parametrización, migración de datos, formación do equipo e posta en marcha, para que a túa empresa siga operando con normalidade mentres Odoo entra en produción.
Fases dunha implantación de Odoo
Implantar Odoo non é instalar un programa: é poñer a traballar toda a empresa sobre unha ferramenta nova. Por iso, como implantadores de Odoo, seguimos sempre as mesmas fases, adaptando a súa duración ao tamaño de cada proxecto:
Análise. Revisamos os teus procesos e acordamos o alcance: que aplicacións entran, que se resolve co estándar e que necesita axustes. Se o proxecto o pide, comezamos cunha consultoría Odoo previa.
Configuración. Instalamos Odoo e parametrizamos cada aplicación: empresa, impostos, plan contable, almacéns, rutas, listas de materiais, permisos de usuario… Se fai falla algo que o estándar non cobre, planificámolo como desenvolvemento a medida.
Migración de datos. Traspasamos desde o teu sistema actual clientes, provedores, produtos, tarifas, existencias e saldos, e facemos cargas de proba antes da definitiva.
Formación. Cada persoa aprende a facer o seu traballo en Odoo cos seus propios datos. Detallámolo na nosa páxina de formación Odoo.
Arranque. Escollemos co teu equipo o momento de comezar a traballar en Odoo (por exemplo, un inicio de mes ou de exercicio) para que o cambio afecte o menos posible á actividade.
Acompañamento. Despois do arranque seguimos ao teu carón resolvendo dúbidas e incidencias, e despois ofrecémosche soporte de Odoo para a mellora continua.
Implantación de Odoo para pemes: Community ou Enterprise
Facemos implantacións de Odoo Community, a edición de código aberto, e de Odoo Enterprise, que engade aplicacións e servizos de Odoo S.A. baixo licenza; axudámosche a escoller segundo os teus procesos, e podes ver as diferenzas en que é Odoo. As licenzas Enterprise contrátanse con Odoo segundo as súas tarifas oficiais.
Que fai falla por parte da túa empresa
Unha implantación sae ben cando a empresa se implica. Pedirémosche:
Unha persoa responsable do proxecto na túa empresa, con capacidade para tomar decisións e coordinar os equipos.
Usuarios clave por área que participen na análise, validen a configuración e logo axuden aos seus compañeiros.
Datos preparados: revisar e depurar as listaxes de clientes, produtos ou provedores antes de cargalas aforra moitos problemas.
Tempo reservado para a formación e as probas, compatible co traballo diario.
Erros habituais ao implantar Odoo que evitamos
Copiar o sistema antigo
Reproducir en Odoo cada pantalla do programa anterior encarece o proxecto e desaproveita o estándar. Primeiro vemos como o resolve Odoo e só personalizamos o que achega valor.
Cargar datos sen depurar
Clientes duplicados, produtos obsoletos ou existencias sen cadrar acaban no ERP novo se non se revisan. Facemos cargas de proba e valídalas antes do arranque.
Formar tarde ou a medias
Se o equipo chega ao primeiro día sen práctica, volve ás follas de cálculo. Formamos cada área sobre as súas tarefas reais antes de pasar a produción.
Un exemplo real: Texas Controls
Texas Controls, empresa industrial con sedes na Coruña e Tarragona, substituíu o seu ERP a medida por Odoo con Anubía. O proxecto abranguiu 19 áreas funcionais implantadas á vez —CRM, vendas, compras, alugamento, almacén, fabricación, mantemento, proxectos, facturación…— para uns 100 usuarios. A súa principal recomendación: analizar a fondo os procesos antes de implantar. Podes ler a historia completa no caso de éxito de Texas Controls e ver outras empresas que confían en nós.
Se buscas instalación de Odoo en Galicia ou unha implantación ERP en Galicia, traballamos desde a nosa oficina de Vigo con empresas de toda a comunidade e, en remoto con visitas, do resto de España.
Preguntas frecuentes sobre a implantación de Odoo
Cal é o prezo dunha implantación de Odoo?
Non hai un prezo único, porque depende de varios factores: o número de aplicacións e áreas que se implantan, a complexidade dos teus procesos (por exemplo, fabricación con varias rutas fronte a unha distribución sinxela), o volume e o estado dos datos que hai que migrar, as integracións con outros programas, se fan falla desenvolvementos a medida e cantas persoas hai que formar. A iso súmanse, se escolles Enterprise, as licenzas de Odoo. Cóntanos o teu caso e preparámosche un orzamento.
Canto tarda implantar Odoo?
Depende do alcance. Pódese comezar polas áreas máis urxentes e ir ampliando, ou facer o cambio completo dunha vez, como Texas Controls. Na análise inicial fixamos un calendario realista.
Podemos seguir traballando durante a implantación?
Si. Configuramos e probamos Odoo en paralelo ao teu sistema actual, e o paso a produción faise nunha data acordada co teu equipo.
Que aplicacións podemos implantar?
Calquera das aplicacións de Odoo. A nosa especialidade son fabricación, inventario e almacén y contabilidade, e tamén adaptamos os nosos clientes a Veri*Factu con Odoo.
Anubía, o teu partner de implantación de Odoo