Inicio › Onde estamos › A Coruña
Odoo A Coruña
Implantación e soporte de Odoo para empresas da Coruña.
Partner de Odoo para empresas da Coruña
Anubía implanta e mantén Odoo en empresas da provincia da Coruña: A Coruña cidade, Santiago de Compostela, Ferrol e Narón, Carballo, Bergondo e o resto da provincia. Somos Odoo Silver Partner con sede en Vigo e un equipo que se despraza á Coruña con regularidade.
Na Coruña traballamos con empresas moi distintas: construción modular, enxeñaría industrial, audiovisual, informática, comunicación e consultoría. En todas o obxectivo é o mesmo: que vendas, compras, almacén, proxectos e contabilidade funcionen nunha soa ferramenta.
O noso caso de éxito máis completo está precisamente na provincia: Texas Controls, en Bergondo, unha enxeñaría de selado e aperte industrial que cambiou o seu ERP a medida por Odoo.
Que facemos polas empresas da Coruña
Implantación de Odoo
Proxecto por fases con análise previa, migración de datos e formación. Implantación de Odoo.
Fabricación e almacén
Produción, listas de materiais e control de stock para industria e construción modular. Odoo Fabricación.
Proxectos e servizos
Proxectos, follas de horas e facturación por fitos para enxeñarías, axencias e consultoras. Odoo Proxectos.
CRM e vendas
Seguimento comercial e orzamentos integrados coa facturación. Odoo CRM.
Migración desde outro ERP
Cambio de sistema ou de versión sen perder o histórico. Migración de Odoo.
Soporte e formación
Formación por perfís e soporte continuo, en remoto e con visitas. Soporte de Odoo.
Clientes da Coruña que traballan con Odoo
Na provincia da Coruña traballan connosco Casas Cube e Anteva Servicios Informáticos (Carballo), Inusual Comunicación Innovadora (Bergondo), Innovisual (A Coruña), Numax (Santiago de Compostela) e RB Soluciones (Narón), ademais de Texas Controls (Bergondo), cuxo proxecto podes ler nos nosos casos de éxito.
Como traballamos coas empresas da Coruña
Combinamos visitas presenciais (análise inicial, formación, arranque) con traballo en remoto para o resto do proxecto. É a forma de dar o mesmo servizo na Coruña ca en Vigo sen encarecelo. Se xa tes Odoo, revisamos a túa instalación e propoñemos melloras ou unha migración á versión actual.
A túa empresa está noutra provincia galega? Mira Odoo en Vigo, Odoo en Pontevedra ou a páxina xeral de Odoo en Galicia.
Preguntas frecuentes
Tedes oficina na Coruña?
Non; a nosa sede está en Vigo. Desprazámonos á Coruña para as fases que o requiren e o resto faise en remoto, co mesmo equipo de sempre.
Podedes manter un Odoo que implantou outra empresa?
Si. Auditamos a instalación, documentamos o que hai e asumimos o soporte e as melloras.
Traballades con empresas de Santiago e Ferrol?
Si, temos clientes en Santiago de Compostela e na comarca de Ferrol, ademais de na Coruña cidade e Bergantiños.
Anubía, o teu partner oficial especializado en Odoo na Coruña





