Skip to Content

Inicio › Servizos › Migración

Migración de Odoo

Actualiza de versión ou pasa a Enterprise, por fases e sen sorpresas.

Migra de versión de Odoo sen frear o teu negocio

En Anubía actualizamos o teu Odoo a unha versión máis recente, ou damos o salto de Community a Enterprise, revisando a fondo os teus módulos personalizados e planificando o despregamento nos horarios que menos afecten á túa operativa.

Desde 2012 somos Partner oficial do ERP Odoo en Vigo (Pontevedra) e A Coruña en Galicia.

Contamos con máis dun cento de implantacións de ERP exitosas en Galicia, en empresas de diversos sectores, pero os proxectos que nos apaixonan e nos que somos expertos son os relacionados con Fabricación, Inventario, Almacén e Contabilidade.

CONTACTA CONNOSCO

Migración de Odoo a unha versión máis recente

Como especialistas en migracións de Odoo, cremos no trato próximo e no valor da comunicación aberta. Estamos aquí para escoitarte e responder as túas preguntas en cada etapa do proceso.

Analizamos o teu sistema actual e as túas personalizacións antes de dar ningún orzamento, para que a migración non che dea sorpresas de última hora.

Coñecemos a realidade das pemes, sabemos que as pequenas e medianas empresas son o motor da economía en Galicia. Entendemos os teus desafíos e necesidades específicas. A nosa migración está deseñada para que o teu negocio siga funcionando durante todo o proceso.


Odoo Silver Partner

Análise previa da migración de Odoo
Análise previa sen compromiso

Axendamos unha sesión para revisar o teu sistema actual e os teus módulos personalizados. Analizamos o teu caso a fondo para deseñar a estratexia de transición máis segura para o teu negocio.

Orzamento pechado para migrar Odoo
Orzamento pechado

Entregámosche unha proposta detallada cun prezo fixo baseada nas túas necesidades reais. Saberás exactamente o alcance e o investimento do teu proxecto, coa seguridade de que non haberá sorpresas nin custos ocultos.

Despregamento planificado da nova versión de Odoo
Despregamento planificado

Facemos o cambio técnico no momento que menos afecte á túa actividade. Só pasamos a produción tras verificar o sistema e asegurar que o teu equipo está ao 100% preparado para usar a nova versión.

Garantía post-migración de Odoo
Garantía post-migración

Non te deixamos só tras o lanzamento. Se xorde calquera incidencia derivada da migración, o noso equipo resólvea de inmediato e sen ningún custo adicional para ti.

Migración de Odoo

Actualiza o teu Odoo con total tranquilidade

Revisamos o estado da túa base de datos e os teus módulos a medida, definimos un plan de migración por fases e probamos cada cambio nun contorno de test antes de dar o salto en produción, con acompañamento durante as primeiras semanas tras a migración.

Aplicacións de Odoo nun móbil

Tipos de migración de Odoo

Cando unha empresa nos pide unha migración de Odoo, pode estar a falar de tres proxectos distintos. Como partner oficial de Odoo para migracións, primeiro aclaramos cal é o teu:

Dunha versión de Odoo a outra

Odoo publica unha versión principal cada ano e dá soporte ás tres últimas, segundo a súa política oficial de versións. Quedar nunha versión sen soporte significa deixar de recibir correccións e, co tempo, quedar fóra de cambios legais e fiscais. Actualizamos a base de datos, os módulos estándar e as túas personalizacións á versión de destino.

De Odoo Community a Odoo Enterprise

Se queres migrar de Odoo Community a Enterprise para aproveitar aplicacións que só existen en Enterprise, revisamos que módulos da comunidade podes substituír polos oficiais, como encaixan os teus datos e que licenzas necesitas (consulta as tarifas oficiais de Odoo). Coñecemos ben as dúas edicións porque implantamos ambas; as diferenzas están resumidas en que é Odoo.

Desde outro ERP a Odoo

Se vés doutro programa de xestión, máis que unha migración é unha implantación de Odoo con traspaso de datos: analizamos que información exportar (clientes, provedores, produtos, saldos, histórico), limpámola e cargámola en Odoo con probas previas.

Que pasa cos teus módulos personalizados e da OCA

A parte máis delicada dunha migración non adoita ser o estándar, senón o que se engadiu enriba. Por iso, na consultoría de migración de Odoo inventariamos todo o instalado e decidimos, módulo a módulo, que facer:

  • Módulos propios. Adaptámolos á nova versión. Ás veces a versión nova xa resolve en estándar o que antes requiría desenvolvemento, e ese módulo pódese retirar. Se fai falta reescribir algo, faino o noso equipo de desenvolvemento Odoo.

  • Módulos da OCA (Odoo Community Association). Comprobamos se xa están publicados para a versión de destino. Se non o están, valoramos esperar, migralos nós ou substituílos por outra solución.

  • Módulos de terceiros. Verificamos co provedor que exista versión compatible e que cambia nela.

Con ese inventario dámosche o orzamento pechado, así sabes de antemán que se migra, que se substitúe e que se elimina.

Un contorno de probas antes de tocar produción

Nunca migramos directamente o teu Odoo en uso. Primeiro facemos a migración sobre unha copia da túa base de datos nun contorno de probas, e alí o teu equipo comproba o que de verdade importa: que os saldos contables cadran, que o stock coincide, que os pedidos abertos seguen o seu curso e que os informes e documentos saen ben. Corriximos o que apareza, repetimos a proba e só entón planificamos o paso a produción, no momento que menos afecte á túa actividade.

Por que non saltar versións sen un plan

É tentador pasar dunha versión antiga á última dun salto. Pode facerse, pero entre versións cambian a estrutura de datos e o funcionamento de moitas aplicacións, e cada módulo personalizado ten que adaptarse a todo o que cambiou polo camiño. Canto máis versións se acumulan, máis grande e arriscado é o proxecto. O noso consello é planificar as actualizacións con regularidade e, cando o salto é grande, estudar ben o percorrido antes de orzamentar.

Preguntas frecuentes sobre a migración de Odoo

Odoo 18 vs Odoo 17: paga a pena actualizar?

Cada versión de Odoo trae melloras de rendemento, de usabilidade e funcións novas en aplicacións como contabilidade, inventario ou fabricación. Máis que comparar listas de novidades, convén mirar o teu caso: que melloras usarías, canto tempo de soporte lle queda á túa versión actual e canto pesan as túas personalizacións. Na análise previa resumímolo para que decidas con datos.

Canto custa migrar Odoo?

Depende das versións de orixe e destino, do tamaño da base de datos e, sobre todo, do número e a complexidade dos módulos personalizados. Tras a análise dámosche un orzamento pechado.

Temos que parar a empresa?

Non durante o proxecto: todo o traballo faise sobre unha copia. Só o paso final a produción require unha breve parada, que planificamos contigo nun momento de pouca actividade.

Podedes migrar un Odoo que implantou outra empresa?

Si. Revisamos a túa instalación e os teus módulos igual que se fosen nosos e, tras a migración, podemos seguir acompañándote con soporte de Odoo y formación sobre as novidades da nova versión.

Anubía, o teu partner para migrar de versión en Odoo