Skip to Content

Xestión de almacén con Odoo. Almacéns e localizacións en Odoo

Creación de almacéns e localizacións en Odoo


Para a creación de Almacéns e Localizacións en Odoo, temos que traballar na app de Inventario.

En Odoo é posible traballar cun almacén cunha única localización ou nun almacén con varias localizacións.

Digamos que as localizacións serían as divisións do almacén. 

De forma predeterminada a app de Inventario vén configurada para traballar cunha soa Localización e crea de xeito automático un Almacén coa súa localización relacionada.

Se queremos activar a posibilidade de xestionar varias localizacións, debemos seguir a ruta: Inventario --> Configuración --> Axustes --> Localizacións de almacenamento.

Axuste Localizacións de almacenamento en Odoo Inventario


Os Almacéns e as Localizacións xestiónanse desde:  

  • Inventario --> Configuración --> Xestión de almacéns --> Almacéns.
  • Inventario --> Configuración --> Xestión de almacéns --> Localizacións.

Como diciamos arriba, o primeiro almacén créase de xeito automático e podemos editar o seu Nome, Nome curto e Enderezo.

Formulario de almacén en Odoo con nome, nome curto e enderezo

Se queremos crear un novo Almacén: Inventario --> Configuración --> Xestión de almacéns --> Almacéns --> Novo e Odoo creará ademais a súa Localización relacionada.

Existen diversos tipos de localizacións pero nesta publicación imos centrarnos só nas internas, que son as que efectivamente conteñen stock real.

A Localización predeterminada vinculada ao Almacén, Odoo créaa coa denominación WH/Stock. WH é o Nome curto do almacén relacionado creado por defecto.

WH será unha localización Virtual e Stock unha localización Interna.

Se queremos crear unha nova Localización: Inventario --> Configuración --> Xestión de almacéns --> Localizacións --> Novo.

Debemos darlle un Nome de localización e unha Localización pai. En principio, para xerar unha estrutura de localizacións lóxica, a localización pai debe ser a Localización Interna principal vinculada ao Almacén.

É dicir, a localización que creemos debe ser filla de WH/Stock.

Nova localización Andel A con localización pai WH/Stock en Odoo

Deste xeito crearemos toda a nosa árbore de localizacións, que despois vincularemos aos nosos Produtos e Tipos de operacións, para que as nosas operacións de inventario funcionen do xeito correcto e esperado en Odoo.

Árbore de localizacións internas en Odoo: WH/Stock, Andel A e Fila X


Segue aprendendo sobre Odoo

Queres implantar Odoo Inventario na túa empresa? En Anubía axudámosche a configuralo segundo os teus procesos. Contacta connosco.

Comentarios

Todavía no hay comentarios. ¡Sé el primero en comentar!
Fabricar con Odoo. Fabricación en tres pasos