O doo é o ERP (sistema de xestión empresarial) de código aberto máis estendido do mundo, e cubre as necesidades das áreas de CRM, vendas, compras, almacén (SXA), produción (MRP, PLM), proxectos, contabilidade, RRHH e TPV, entre moitas outras.
Esisten miles de módulos para Odoo, o que permite unha implantación progresiva e unha configuración personalizada e perfectamente adaptada aos requerimientos da túa empresa.
Ó ser un ERP de código aberto, esiste unha comunidade mundial (ademáis de Odoo S.A.) que está constantemente a millorar o producto e a ofrecer novas posibilidades.
A versión comunitaria de Odoo non ten costes de licencia, e pode ser estendida e personalizada a medida. Por outro lado, os costos da versión enterprise son moi baixos comparados coa maioría de ERPs.
Ao estar permitido o acceso ao código fonte, facilítase a conexión a outras aplicacións a cuxo código pódese acceder, coma tendas de comercio electrónico, xestores documentais, webs e outros programas personalizados.
Odoo conta cunha interfaz amable, fácil de empregar, e coa que costa moi pouco familiarizarse.
Odoo pode ser instalado nun servidor propio ou contratado, local ou remoto, e a súa interfaz web permite acceder desde calquera dispositivo, indiferentemente do seu sistema operativo.